Espazo feminino en A Barbería de Teo

Servizos de estética e peiteado en Teo para mulleres

Expertos en estética e peiteado para mulleres. Deixa o teu cabelo nas nosas mans e marabíllate cos resultados.

Pida cita

Salón de beleza en Teo

Zona especial para mulleres

Na nosa barbería en Teo temos dúas zonas ben diferenciadas, unha exclusiva para homes e outra para os servizos dedicados ás mulleres.

O espazo feminino é máis recente e nel ofrecemos un amplo catálogo de servizos: cortes de pelo, botar cor, manicura tradicional, pedicura, depilación... O salón de Inés Fernández, logo de ampliar o negocio, dispón de persoal con moita experiencia que ofrece servizos de calidade.

Expertas en tratamentos de beleza en Teo

Os servizos de peiteados corren a cargo de Maribel Mosquera e as manicuras e pedicuras son feitas por Carina Sequedo, especialista en manicura tradicional.

Se tes unha celebración especial na nosa barbería poderás atopar todos os servizos necesarios para lucir perfecta. As nosas expertas en beleza adaptarán o estilo de peiteado a túa personalidade, sempre tendo en conta os teus gustos. Estamos en continua formación e podemos facer calquera peiteado que nos pidas, o importante é a túa satisfacción. Queremos facervos sentir únicas e sacar o mellor de vós.

Que servizos ofrecemos?

Corte e peiteado

  • Cortar
  • Cortar + secar
  • Color + cortar + secar
  • Mechas + cortar + secar

Estética

  • Manicura tradicional
  • Pedicura
  • Depilación beizo
  • Depilación cellas
  • Tratamentos de queratina
  • Bótox capilar

Paquetes de beleza para vodas

En A Barbería Barber Shop ofrecemos paquetes de beleza para vodas. Inclúe todos os tratamentos necesarios para prepararse no seu gran día. Visítanos e recibirás toda a información.

Respondemos as túas preguntas

O meu cabelo precisa de coidados especiais despois de un tratamento de coloración ou mechas?

Si, despois desta clase de tratamentos, é recomendable empregar produtos como protectores capilares, máscaras hidratantes e tratamentos rexeneradores. As especialistas do noso salón de beleza en Teo poden recomendarte os produtos máis apropiados para manter a túa melena perfecta.

Podo facer un tratamento de manicura e pedicura o mesmo día?

Por suposto, simplemente non esquezas reservar a túa cita no noso salón de beleza en Teo para que poidas recibir a atención personalizada e atenta que mereces.

A depilación é dolorosa?

No noso salón de beleza en Teo brindámoste tratamentos de depilación pensando na mínima molestia e no teu benestar.

Contactar con A Barbería Barber Shop

Ponte en contacto co noso salón

Se queres pedir cita no noso salón en Teo ou desexas saber máis sobre os nosos servizos, non dubides en poñerte en contacto ou visítanos e recibirás toda a información.

Contactar