Zona especial para mulleres

En A Barbería Barber Shop temos dúas zonas ben diferenciadas, unha exclusiva para homes e outra para os servizos adicados ás mulleres. O espazo feminino é máis recente e nel ofrecemos un amplo catálogo de servizos: cortes de pelo, botar cor, manicura, pedicura, depilación...

O salón de Inés Fernández, logo de ampliar o negocio, dispón de persoal con moita experiencia e sobre todo con ganas de ofrecer servizos de calidad. Estamos en continua formación e podemos facer calquera peiteado que nos pidas, o importante é a túa satisfacción. Queremos facervos sentir únicas e sacar o mellor de vós.

Paquetes de beleza para vodas

En A Barbería Barber Shop ofrecemos paquetes de beleza para vodas. Inclúe todos os tratamentos necesarios para prepararse no seu gran día. Visítanos e recibirás toda a información.

Expertas en beleza

A Barbería Barber Shop trátase dun mesmo local pero que dispón de dúas zonas con moita esencia e ambientes distintos. Á fronte desta área feminina atópanse dúas profesionais. Os servizos de peiteados corren a cargo de Sandra Arteaga e as manicuras e pedicuras son feitas por Carina Sequedo, especialista en reconstrución de uñas mordidas.

Se tes unha celebración especial na nosa barbería poderás atopar todos os servizos necesarios para lucir perfecta. As nosas expertas en beleza adaptarán o estilo de peiteado a túa personalidade sempre tendo en conta os teus gustos.

Entre os servizos dispoñibles en A Barbería Barber Shop destacamos:

  • Cortar 8.50€
  • Cortar + secar 12€
  • Color + cortar + secar 24.90€
  • Mechas + cortar + secar 30€
  • Manicura 7€
  • Pedicura 12€
  • Depilación labio 2.90€
  • Depilación cellas 2.90€

Ademais as nosas clientas poden solicitar ter unha consulta coa naturópata Tere Parrado para levar a cabo tratamentos con flores de Bach, hidrolinfa e reiki.